Elementos interactivos da pantalla de inicio
Os elementos da pantalla de inicio son interactivos. Por exemplo, pode cambiar a data
e a hora, fixar alarmas, escribir entradas do calendario ou editar os perfís directamente
na pantalla Inicio.
Fixar unha alarma
Seleccione o reloxo (1).
Activar ou editar perfís
Seleccione o perfil (2).
Ver ou editar a planificación
Seleccione a data (3).
Ver chamadas perdidas ou mensaxes non lidas
Seleccione a área de notificación (4).
24 Uso básico
Ver redes WLAN dispoñibles ou xestionar conexións Bluetooth
Seleccione a área de notificación (4).
Modificar os axustes de conectividade
Seleccione a área de notificación (4) e
.
Na maioría do resto de vistas, pode seleccionar a área de notificación (4) e facer o
seguinte:
•
Modificar os axustes de conectividade
•
Abrir o reloxo e axustar unha alarma
•
Ver o estado da batería e activar o modo de aforro de enerxía
•
Ver notificacións de chamadas perdidas ou mensaxes non lidas
•
Abrir o asistente de WLAN e conectarse a unha WLAN
•
Xestionar conexións Bluetooth