Nokia N8 00 - Indicadores da pantalla

background image

Indicadores da pantalla

Indicadores xerais

A pantalla táctil e as teclas están bloqueadas.

O dispositivo alerta de xeito silencioso cando recibe chamadas ou mensaxes.

Establécese unha alarma.

Existe un perfil temporizado activo.

Ten un evento de calendario perdido.

Indicadores de chamada

Alguén intentou chamalo.

Está a utilizar a segunda liña telefónica (servizo de rede).

As chamadas entrantes desvíanse a outro número (servizo de rede). Se dispón

de dúas liñas telefónicas, un número indicará a liña activa.

O seu dispositivo está listo para efectuar unha chamada da Internet.

Hai unha chamada de datos activa (servizo de rede).

Indicadores de mensaxería

Ten mensaxes non lidas. Se o indicador se ilumina de xeito intermitente, é

posible que se deba a que a carpeta da caixa de entrada estea chea.

Hai mensaxes á espera de ser enviadas na carpeta da caixa de saída.

Indicadores da rede

O dispositivo está conectado a unha rede GSM (servizo de rede).

O dispositivo está conectado a unha rede 3G (servizo de rede).

Hai unha conexión de datos GPRS (servizo de rede) aberta. indica que a

conexión está en espera e que se está a abrir ou pechar unha conexión.

Hai unha conexión de datos EGPRS (servizo de rede) aberta. indica que a

conexión está en espera e que se está a establecer unha conexión.

Uso básico 29

background image

Hai unha conexión de datos 3G (servizo de rede) aberta. indica que a conexión

está en espera e que se está a establecer unha conexión.

Hai unha conexión de datos HSPA (servizo de rede) aberta. indica que a

conexión está en espera e que se está a establecer unha conexión.

Hai unha conexión WLAN dispoñible.

indica que a conexión está cifrada e

que a conexión non está cifrada.

Indicadores de conectividade

O Bluetooth está activo.

indica que o seu dispositivo está a enviar datos. Se

o indicador está a pestanexar, o dispositivo está intentando conectar con outro

dispositivo.

Hai un cable USB conectado ao seu dispositivo.

Hai un cable HDMI conectado ao seu dispositivo.

O GPS está activo.

O dispositivo estase a sincronizar.

O transmisor de FM está activo, pero non está transmitindo.

indica que o

transmisor de FM está transmitindo.

Hai uns auriculares e micro conectados ao seu dispositivo.

Hai un cable de saída de televisión compatible conectado ao seu dispositivo.

Hai un teléfono de texto compatible conectado ao seu dispositivo.