Nokia N8 00 - Utilizar o dispositivo fóra de liña

background image

Utilizar o dispositivo fóra de liña

En lugares onde non desexe realizar nin recibir chamadas, aínda poderá acceder ao seu

calendario, lista de contactos e xogos fóra de liña se activa o perfil de fóra de liña. Apague

o dispositivo cando o uso de teléfonos móbiles non estea permitido ou cando poida

causar interferencias ou resulte perigoso.
Na pantalla Inicio, seleccione o perfil e

Fóra de liña

.

Ao activar o perfil desconectado, a conexión coa rede móbil péchase. Impídese o envío

e recepción de todos os sinais de radiofrecuencia entre o dispositivo e a rede móbil. Se

intenta enviar unha mensaxe, colócase na carpeta de Caixa de saída e soamente se

envían cando está activado outro perfil.
Tamén pode utilizar o seu dispositivo sen unha tarxeta SIM. Apague o dispositivo e saque

a tarxeta SIM. Cando o acenda de novo, o perfil Desconectado estará activado.

Importante: No perfil Desconectado, non é posible efectuar nin recibir

chamadas, nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede móbil.

Poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial programado no seu

dispositivo. Para realizar chamadas, primeiro cómpre cambiar a outro perfil.
Cando o perfil Desconectado estea activado, aínda poderá conectarse a unha rede WLAN,

por exemplo, para ler o seu correo electrónico ou para navegar pola Internet. Tamén

pode utilizar o Bluetooth. Non esqueza cumprir os requisitos de seguridade aplicables

ao establecer e utilizar conexións WLAN ou Bluetooth.