
Ver a televisión da web
Mediante a televisión da web a petición, pode estar ao día das novas e ver os últimos
episodios das súas series de televisión favoritas.
Seleccione
Menú
>
TV na web
e un servizo.
Para transmitir por secuencias contido a través do teléfono utilizando a televisión da
web, necesita utilizar unha conexión 3G, 3.5G ou WLAN. A utilización de servizos de
televisión da web pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos. Para
obter información verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos de rede.
A selección de servizos de televisión da web preinstalados depende do fornecedor do
servizo de rede e do país. O contido dos servizos de televisión da web varía en función
do servizo.
1 Para explorar o contido de televisión da web, esvare co dedo horizontalmente na
pantalla.
Vídeos e TV 75

2 Para iniciar a reprodución, seleccione a imaxe en miniatura.
3 Para amosar ou ocultar os controis durante a reprodución, toque a pantalla.
4 Para axustar o volume, use as teclas de volume.
Engadir un widget de televisión da web á súa pantalla de inicio
Manteña tocada a pantalla Inicio e seleccione e o servizo de televisión da web
desexado.
Atopar máis servizos de televisión da web
Para descargar servizos de televisión da web de Bazar Ovi de Nokia, seleccione
Obter
máis
. Os servizos descargados gárdanse na carpeta Aplicacións, pero pode movelas a
outra carpeta, por exemplo, a unha carpeta de televisión da web específica.
Para obter máis información verbo de Ovi Store, consulte a páxina www.ovi.com.