
Aumentar a memoria dispoñible para obter máis contidos
Necesita aumentar a memoria dispoñible no dispositivo para poder instalar máis
aplicacións e engadir máis contidos?
Transfira datos á memoria masiva, a unha tarxeta de memoria compatible (se se atopa
dispoñible) ou a un ordenador compatible.
Tamén pode eliminar o seguinte se xa non se necesita:
•
Mensaxes de texto, multimedia e de correo
•
Entradas e detalles de contactos
•
Aplicacións
•
Ficheiros de instalación (.sis ou .sisx) para aplicacións instaladas. Realice unha copia
de seguridade dos ficheiros nun ordenador compatible.
•
Imaxes e vídeos de Fotos. Realice unha copia de seguridade dos ficheiros nun
ordenador compatible.
Consello: Se dispón de aplicacións de proba ou demos caducadas instaladas, elimíneas.