
Sincronizar contido entre o seu dispositivo e un servidor remoto
Gustaríalle dispoñer dunha copia de seguridade e a man do seu calendario, notas e
demais contidos, tanto se se atopa sentado diante do seu ordenador como dende
calquera lugar co seu dispositivo móbil? Coa aplicación Sincronización, é posible
sincronizar os contidos importantes entre o seu dispositivo e un servidor remoto.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Transfer. datos
>
Sincronización
.
É posible recibir axustes de sincronización como unha mensaxe de configuración do seu
fornecedor de servizos. Os axustes de sincronización gárdanse como un perfil de
sincronización. Ao abrir a aplicación, amósase o perfil de sincronización
predeterminado ou o utilizado anteriormente.
Incluír ou excluír tipos de contido
Seleccione un tipo de contido.
Sincronizar datos
Seleccione
Opcións
>
Sincronizar
.
Consello: Para sincronizar contido entre o seu dispositivo e Ovi, pode utilizar a
aplicación de Ovi Sync.