Eliminar unha aplicación do seu dispositivo
Pode eliminar as aplicacións instaladas que xa non desexe manter ou utilizar para
aumentar a cantidade de memoria dispoñible.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Xestor aplicacións
.
1 Seleccione
Aplicac. instaladas
.
2 Manteña seleccionada a aplicación que desexa eliminar e, no menú emerxente,
seleccione
Desinstalar
.
Se elimina unha aplicación, só poderá instalala de novo se posúe o ficheiro de instalación
orixinal ou unha copia de seguridade completa da aplicación eliminada. É posible que
non poida abrir ficheiros creados cunha aplicación eliminada.
Se unha aplicación instalada depende dunha aplicación eliminada, é posible que a
aplicación instalada deixe de funcionar. Para obter máis información, consulte a
documentación do usuario da aplicación instalada.
É posible que os ficheiros de instalación utilicen grandes cantidades de memoria e lle
impidan almacenar outros ficheiros. Utilice Nokia Ovi Suite para facer unha copia de
seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador compatible e, a continuación,
utilice o xestor de ficheiros para eliminar os ficheiros de instalación da memoria do
dispositivo.