Formatar a memoria masiva
Desexa eliminar todo o contido da memoria masiva do seu dispositivo? Cando formate
a memoria masiva, eliminaranse todos os datos desta.
Realice unha copia de seguridade de todos os datos que desexe gardar antes de
formatar a memoria masiva. Todos os datos eliminaranse permanentemente.
1 Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Oficina
>
Xestor fichs.
.
Xestionar o dispositivo 117
2 Manteña seleccionada a memoria masiva e, no menú emerxente, seleccione
Formatar
.
Non formate a memoria masiva mediante o software do ordenador, xa que pode
producirse un funcionamento deficiente.
Pode utilizar Nokia Ovi Suite para efectuar unha copia de seguridade dos datos nun
ordenador compatible. É posible que as tecnoloxías de xestión dos dereitos dixitais
(DRM) impidan que se recuperen algúns datos da copia de seguridade. Para obter máis
información sobre a tecnoloxía DRM utilizada co contido, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.